Inicio » Vários »

De viaxe con Alícia e Gulliver

 

O Teatro Negro nunha representación en MéxicoUn paseo entre flores cantantes e figuras de xadrez no País das Marabillas da man de Alícia e unha visita aos continentes más extravagantes enchidos de criaturas xigantes e ananos darán-se cita mañán venres no Centro Cultural Caixanova (20:30 horas) da man do Teatro Negro Nacional de Praga, en xira dende hai un ano polos países latinos.

Luces, efectos multivisuais, música, baile, mimo, trucos de máxia e actores que voan permitirá que tanto nenos coma maiores se acheguen aos clásicos Alícia no País das Marabillas e As viaxes de Gulliver, mália que «non é un espectáculo só para nenos, senon que os maiores tamén poden mergullar-se nesta representación tan coidada«, afirma a rusa Carmen Vlada, coordinadora técnica do espectáculo.

Após de participar en 12 festivais internacionais e realizar xiras por 24 países de Europa, o Teatro Negro Nacional de Praga chega a Vigo, unha cidade na que o público «é moi receptivo e emocional» e no que os nenos «son os más agradecidos«, recoñece Vlada.

Mediante o arte da máxia e o ilusionismo do teatro negro, os obxectos aparecen e desaparecen pero «ninguén sabe o truco», bromea a coordinadora técnica do espectáculo.

O espectáculo está dirixido por Pavel Marek e Emma Srncová, os propulsores do teatro nacido na Revolución do Veludo.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário