Paradox súbe-se ao carro dos deuses
A Paradox Entertainment ven de se facer cos dereitos cinematográficos do controvertido libro de 1968 Chariots of the Gods (cuxo título foi traducido de diversas formas en España, pero o lóxico é «Os carros dos deuses»).
Con mais de 68 millóns de cópias vendidas en todo o mundo nas últimas catro décadas, esta novela de Erich von Daniken tenta ser un relato de ciéncia-ficción sobre un explorador que atopa probas de que diferentes antigas civilizacións foron visitadas por extra-terrestres. Ainda que a idea foi popular e mesmo retomada para sagas coma a de Stargate, o malo é que Daniken nunca vendeu o seu libro coma ficción, senón coma unha «investigación científica» que logrou convencer a moitos pánfilos ao longo do tempo.
O filme, nombergantes, non terá en conta a controvérsia e tentará ser simplemente o que é: ciéncia-ficción. A ideia é que poida converter-se nalgo semellante ás aventuras de Indiana Jones.
Fredrik Malmberg e Mark Ordesky serán os produtores.












0 Comentários
Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.