Inicio » Cinema »

Dan Harris irá ao Inferno

 

O Inferno de DanteO realizador Dan Harris (Imaginary Heroes, X2) será o encargado de adaptar ao cinema o videoxogo da Electronic Arts Dante’s Inferno e converte-lo nun filme de acción real para a Universal Pictures.

O videoxogo ten coma base unha viaxe a través das profundidades do inferno, baseado na descripción que fixo do mesmo o poeta italiano Dante Aligheri no clásico do século XVI A Divina Comédia.

Mark Abraham e Eric Newman serán os produtores. A EA está asemade a desenvolver versións para o cinema dos seus videoxogos Army of Two, o simulador de vida cotiá Os Sims, e mais da recente saga de «space opera» Mass Effect.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário