Inicio » Cinema »

Os católicos contra Anxos e Demos

 

Anxos e DemosAinda non se estreou, pero a igrexa católica xa o ten claro e recomendou boicotar o filme Anxos e demos, o thriller dirixido por Ron Howard, baseado na novela homónima de Dan Brown, que inaugurará o 13 de maio o Festival de Cannes. Como aconteceu coa adaptación cinematográfica d’O código Da Vinci, a nova entrega, na que Tom Hanks volve encarnar ao estudoso Robert Langdon, non gostou ao Vaticano, que comezou negando o permiso para rodar dentro de duas igrexas romanas. «O filme segue unha liña que prexudica ao senso relixioso común«, dixo Marco Fibbi, voceiro da Vicaría de Roma.

A furibunda reacción dos católicos non surprendeu aos produtores. Ao contrário, case semella buscada como reclamo publicitário, a xulgar polas declaracións dun deles, John Calley: «Se o primeiro filme foi prudentemente anticatólico, a segunda entrega é algo menos reverencial e sabemos que a polémica está segurada«. Se cadra por iso, o arcebispo Velasio de Paolis, ministro vaticano de Economía, teme o efecto boomerang e recomenda non «dramatizar», porque «involuntáriamente se lle regala publicidade«.

En Anxos e demos, o profesor Langdon descobre a existéncia dunha importante seita segreda – Os Illluminati – que durante séculos se opuxo frontalmente ao poder da Igrexa Romana. Xunto a unha científica (Ayelet Zurer), investigará o homicídio dun científico do CERN (o Centro Europeo Nuclear), onde se rodaron algunhas secuéncias.

O filme combina, segundo o seu director, «ciéncia e relixión, razón e mistério espiritual«, e asegura que, «ainda que o argumento é delicado, trata-se só de ficción«. Ainda que obviamente, para as persoas que acreditan en deuses, é difícil diferenciar entre realidade e ficción.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário