Inicio » Cinema »

Os ollos do neno

 

Os PangOs irmáns xemelgos Danny e Oxide Pang serán os directores do primeiro filme asático de terror en 3D, a fita The Child’s Eye, que contará cun orzamento de 4,5 millóns de dólares e que escomezará a se rodar en xuño en Tailándia.

Os Pang (The Messengers) están a traballar arestora na post-produción da adaptación do cómic The Storm Warriors, un filme de 12 millóns de dólares que se estreará en decembro.

The Child’s Eye en 3D narra a história de seis viaxeiros de Hong Kong perdidos durante a represión co gallo das protestas contra o governo que aconteceron no aeroporto de Bangkok en 2008 e os seus encontros sobrenaturais após da desaparición de tres do grupo.

A peza mestra do filme será un mundo perdido fabricado con réplicas das casas en papel, cheo de bonecas de papel, coches de papel, etc, todo elo cuspidiño ao mundo real, e procedente dos facsímiles que se adoitan queimar como ofrendas aos deuses e aos mortos nos rituais tradicionais chineses. Os xemelgos tamén introducirán un monstro no filme.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 

Etiquetas

,

Novas relacionadas

  • No Related Posts
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário