Inicio » Cinema »

H.P. Lovecraft ao cinema

 

A capa do cómicA Universal ven de mercar os dereitos cinematográficos sobre The Strange Adventures of H.P. Lovecraft, unha novela gráfica da Image Comics creada por Mac Carter e Jeff Blitz.

O proxecto contémpla-se agora coma unha posíbel nova película que dirixiría nada menos ca Ron Howard. O libro aparecerá nos andeis das librarías en maio.

A novela gráfica toma emprestados elementos da vida de Howard Philips Lovecraft, coma a loita da súa família contra as enfermidades mentais ou os seus medos cos seus bloqueos coma escritor, e transforma os mais escuros pesadelos do xove escritor en realidade cando lé un libro que lle lanza un meigallo e espalla os males que el mesmo esconxura polo mundo.

Lovecraft, que morreu en 1937, está considerado coma ún dos escritores de terror mais influintes da história da Literatura e o mais salientábel do século XX.

Carter, un director de anúncios, escribirá o guión e será o produtor executivo xunto á Blitz. Brian Grazer, da Imagine Entertainment, e mais Howard serán os produtores.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário