Inicio » Cinema »

Estrelas nun filme de deuses

 

Uma ThurmanA Fox 2000 ven de contratar a un reparto de deuses gregos para a súa vindeira aventura fantastica, que levará por título Percy Jackson, e que contará con Uma Thurman, Pierce Brosnan e Sean Bean, quen interpretarán a Medusa, Quirón e Zeus, respectivamente.

Kevin McKidd (Poseidon) e Melina Kanakerides (Athena) tamén formarán parte das estrelas que poderemos ver neste filme dirixido por Chris Columbus.

Os estudos ainda están á procura dalguén que interprete os papeis de Ares, Hades e Perséfona. Logan Lerman e Brandon Jackson tamén estarán no reparto pero non se sabe que papeis farán.

A história céntra-se no fillo médio humano de 12 anos do deus Poseidón (Lerman), quen se embarca nunha procura na América contemporánea para salvar á súa nai, devolver a Zeus o seu lóstrego roubado e evitar unha guerra entre os deuses.

A rodaxe escomezará o mes que ven en Vancouver, Canadá, e os estudos teñen prevista a estrea para febreiro de 2010.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário