Inicio » Cinema »

Máis de Robocop?

 

RobocopA MGM ven de anunciar que vai desenvolver unha nova série de filmes baseados nas franquías de Robocop e Máis alá do Límite. O anúncio fíxo-se nunha rolda de prensa na que se salientou o nomeamento de Mary Parent coma presidenta da sección internacional do estudos, un novo cargo.

«A MGM está a planear un outono e un inverno cunha axenda emocionante«, dixeron á prensa o pasado día 13. «En colaboración coa Sony Pictures Entertainment, a MGM traerá novas entregas de dúas das súas principais franquías, a nova de James Bond con Quantum of Solace e outra da Pantera Rosa con Steve Martin. A MGM tamén lanzará o thriller Valkyrie, en colaboración coa United Artists, protagonizado por Tom Cruise, o vindeiro 3 de outubro. Co nomeamento de Parent, a MGM entrará nunha nova fase da evolución enfocándo-se en grandes producións coma as de James Bond, a Pantera Rosa, O Hobbit, O caso de Thomas Crown 2, Máis Alá do Límite, Robocop, O Vingador Anónimo e Fama, entre outras«.

O anúncio non puxo ningunha data nin ofreceu máis detalles sobre estes lanzamentos previstos.

Parent, a ex-vicepresidenta de produción internacional da Universal Pictures, supervisará o desenvolvemento de filmes de xénero fantástico coma Serenity.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário