Inicio » TV »

Jericho á procura dun novo fogar

 

JerichoCarol Barbee, produtora executiva da série post-apocalíptica Jericho, recentemente cancelada pola CBS, revelou que está a menter conversas con outras cadeas de televisión á procura dalgunha que queira seguir emitindo os episódios desta saga, ainda que sexa nalgunha por cable.

«Non podo dicir demasiado sobre negociacións específicas, porque non son a única que está a ter esas conversas«, dixo Barbee nunha entrevista o pasado 24 de marzo, a víspera de que a CBS emitise o derradeiro episódio. En Galiza a série puido seguir-se a través da  canle estatal Telecinco, con non moi bós resultados de audiéncia, pero nos Estados Unidos, cando foi cancelada a primeira vez, a CBS recebiu unha chea de mensaxes rogando que a repuxesen, cousa que ao cabo aconteceu.

Se Jericho non consigue acomodo nalgunha coutra canle, Barbee dixo que poderían tentar dar-lle vida dalgún outro xeito: «Definitivamente, hai unha série de Internet que hai que facer, e sempre falamos sobre unha novela gráfica, e… unha película«.

Pero o tempo está a se rematar. Jericho pechou a súa segunda tempada en novembro, xusto cando escomezou a folga de guionistas. Dende aquela, o reparto e a equipa de rodaxe ficaron libres para outros proxectos, os decorados da série ficaron desmantelados ou destruídos e a mesma Barbee foi enviada a outra série, Swingtown, creada por Mike Kelley, e que se vai rodar no mesmo plató onde se facía Jericho.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário