Inicio » Cómic »

Jackman tamén nos cómics

 

Hugh JackmanHugh Jackman e mais o co-creador de Eli Stone Marc Guggenheim van-se axuntar coa Virgin Comics para crear Nowhere Man, un novo cómic de ciéncia-ficción que será deseñado como paso prévio para facer unha película que protagonizará o mesmo Jackman.

O argumento ainda mantén-se en segredo, pero o parceiro de Jackman na Seed Productions, John Palermo, dixo que será algo semellante ao persoaxe que fixo Will Smith en Eu son Lenda. O concepto é un mundo futuro onde a humanidade trocou a privacidade pola seguridade.

Guggenheim é un guionista recoñecido polos fans por ter escrito tamén algunhas entregas de Amazing Spider-Man e Lobeto para a Marvel Comics. Jackman atópase arestora en Austrália, protagonizando o filme da 20th Century Fox X-Men Origins: Wolverine, a secuela da saga dos Homes X que verá a luz nos cinemas en maio de 2009.

Nowhere Man será publicado pola liña editorial da Virgin Voices, unha editora que xa fixo Voodoo Child, a série cuxos dereitos mercou Nicolas Cage xunto con seu fillo Weston.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário