Grayskull ten novo guionista
A Warner Brothers e mais a Silver Pictures veñen de anunciar a contratación do novato Evan Daugherty como guionista de Grayskull, a adaptación que os estudos pretenden facer á pantalla grande do popular xoguete da Mattel (e série de televisión en debuxos animados) Os Masters do Universo.
John Stevenson (Kung Fu Panda) está vencellado ao proxecto para dirixi-lo. Como xa case todo o mundo sabe, a cousa vai sobre un guerreiro loiro chamado Príncipe Adam, quen ao pronunciar as verbas máxicas «Polo poder de Grayskull, eu teño o poder!» transfórma-se no heróico He-Man. El e mais os seus aliados Battle Cat, Mentor e Orko defenderán o seu planeta, Etérnia, das malvadas forzas de Skeletor, un vilán que pretende conquistar a fortaleza do castelo de Grayskull.
A Warner quere plantexar este proxecto como algo salientábel e reimaxina ao covarde príncipe Adam como un soldado que está á procura do seu destino, chegando ao máxico mundo de Etérnia, onde Skeletor ergueu un exército tecnolóxico disposto a limpar o mundo da máxia.
Justin Marks fora o autor do anterior guión.












0 Comentários
Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.