Inicio » Cinema »

UFO, da tele ao cinema

 

ufoRobert Evans fará equipa coa ITV Global para producir unha longametraxe baseda na clásica série «camp» dos anos 70 da televisión inglesa UFO.

Evans será o produtor xunto a Avi Haas e Henri M. Kessler. Ryan Gaudet e Joseph Kanarek están a escribir o guión.

A série debutou en 1970 e durou tres temporadas, con persoaxes creados por Gerry Anderson. Estaba ambientada en 1980 e xiraba ao redor de Shado (Supreme Headquarters Alien Defense Organization), unha origanización militar secreta que loitaba contra unha raza alieníxena que levaba anos secuestrando e asasinando seres humanos, e logo usando os seus cadáveres.

O cuartel xeral da Shado se facía pasar por uns estudos de Hollywood, e o xefe dos estudos era en realidade do comandante da Shado. O filme estará agora ambientado no ano 2000.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 

Etiquetas

, , ,

Novas relacionadas

 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário