Inicio » Cinema »

Terrorífico Van Damme

 

Van DammeTodo semella indicar que o saco de músculos mais famoso de Bruxelas, que responde ao nome de Jean-Claude Van Damme, após de disfrutar dun relativo pero abraiante éxito polo seu filme autobiográfico JCVD, tentará un achegamento a un novo xénero cinematográfico que polo de agora non tentara: o terror.

«Este verán farei un novo filme cun director famoso, titulado Weapon. Após diso farei un filme de terror que se chamará The Breed. É unha grande história, un grande guión con auténtica emoción. Quero amosar-lle aos meus fans que podo transformar-me. Quería facer un filme de terror dende hai anos pero os guións eran frouxos e non tiña director«, revelou Van Damme. «Breed é diferente, está ambientado nunha vila onde acontecen cousas extrañas, xa sabedes, deixemos que o filme fale por si mesmo!«.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário