Inicio » Cinema »

Alien terá unha precuela

 

AlienO pasado luns cumpríron-se 30 anos da estrea de Alien, de Ridley Scott, e onte o seu irmán, o tamén director Tony Scott, revelou que os estudios 20th Century Fox xa traballan nunha precuela deste clásico da ciéncia-ficción.

Os rumores desatados hai uns días por vários sítios da rede, onde se informaba da decisión do estudo e de que o filme sería dirixido polo descoñecido Carl Rinsch, foron confirmados onte por Scott durante a presentación perante a prensa do seu último traballo, The Taking of Pelham 123.

A experiéncia de Rinsch, que non debutou no mundo da longametraxe, limíta-se á gravación de anúncios e vídeos musicais.

«Si, Carl Rinsch vai-se encargar de dirixir a precuela de Alien. É ún dos directores dentro da nosa compañía«, afirmou aos xornalistas Tony Scott, en alusión á compañía Scott Free Productions, financiada pola Fox.

«Estou entusiasmado porque Ridley creou o orixinal e Carl Rinsch forma parte da família«, comentou Scott, director de fitas coma Top Gun ou Spy Game, quen apuntou que a produción do filme podería escomezar a finais de ano.

Descoñéce-se polo de agora se Sigourney Weaver, a protagonista da película orixinal de Ridley Scott, participará dalgún xeito na precula dunha saga que a lanzou á fama en 1979, ainda que obviamente a súa interpretación no papel orixinal semella pouco lóxico se a intención dos estudos é botar a visata ao pasado e indagar nas oríxenes do alieníxena.

Hai uns meses, a actriz manifestara os seus desexos de volver a dar vida á tenente Ripley, unha das grandes heroínas do cine: «Sinto que a saga ainda non rematou para min«, dixo. «Ripley está viva e a salvo, espero que non remate perdida no espazo para sempre«.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário