Os Jetsons chegarán en 2010

12 de Xuño de 2009 por Editor  
Arquivado como Cinema

Os JetsonsRobert Rodriguez ven de desvelar á prensa que o seu proxecto de película con acción real baseada na série de televisión de debuxos animados Os Supersónicos orixinal da Hanna-Barbera podería escomezar a se rodar o ano que ven.

Levo desenvolvendo Os Supersónicos un tempo“, confesou Rodriguez, quen engadiu que agarda que a rodaxe poida escomezar nalgún momento dentro do ano que ven.

Ainda que o director confirmou que o filme será con actores de carne e óso, ficou mudo cando lle preguntaron por outros detalles. O que se sabe é que Adam F. Goldberg (Fanboys) escribira un guión para esta longametraxe, pero que non contou co visto bó dos estudos e que terá que se someter a unha revisión: “Estamos a escribir o guión nestes intres“, dixo Rodriguez como toda resposta.

Tamén falamos de...

Fai clic no botón de abaixo para facer unha doazón. Moitas grazas!

PayPal

Comentários

Comentários pechados.