Inicio » Cinema »

Kevin Spacey volverá ser Lex Luthor

 

Kevin Spacey no papel de LuthorVan-se desvelando detalles sobre a secuela de Superman Returns, que podería chamar-se Superman: O Home de Aceiro e no que ademáis do seu director seica repetirá tamén alomenos ún dos seus protagonistas, Kevin Spacey, quen volverá dar vida ao malvado Lex Luthor.

«Coido que xa comezaron as negociacións e en realidade estou totalmente decidido a asinar para face-lo«, afirmou o oscarizado actor en declaracións á prensa, asegurando que se o proxecto finalmente «segue adiante e ainda me queren nel, seguro que alí estarei«.

Spacey recoñeceu que o de Luthor, ao que anteriormente deu vida Gene Hackman, é un persoaxe que sempre lle entusiasmou e que outro dos motivos polos que aceptou protagonizar Superman Returns foi por volver a traballar outra vez con Bryan Singer, un director con quen coincidiu en 1995 en Sospeitosos Habituais e ao que califica de «un xénio absoluto«.

Agora que o seu idolatrado Singer confirmou que estará ao fronte da secuela, coa que tentará colleitar o éxito que non logrou con Superman Returns, Spacey sube ao carro dunha secuela que, segundo prometeu o cineasta neoiorquino, será máis trepidante e terá moita máis acción que a primeira entrega.

A estrea de Superman: O home de aceiro está prevista para o verán de 2009.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário