Inicio » Cinema »

Dúas racións máis de Star Trek?

 

Simon PeggSimon Pegg, o actor que dá vida ao novo Scotty no vindeiro filme de J.J. Abrams da saga de Star Trek, revelou á prensa que a súa parte na película xa está completada, pero que asinou para facer dous novos filmes se o primeiro ten éxito.

«Fixémolo. O meu traballo está feito«, dixo nunha entrevista. «E foi superguai«.

Pegg declinou comentar nada sobre o argumento do filme, pero recoñeceu estar encantado de ter interpretado ao enxeñeiro xefe Montgomery «Scotty» Scott, o papel que orixinalmente fixo James Doohan na série de televisión e nas secuelas cinematográficas.

«Foi definitivamente intimidante estar alí e ve-lo todo«, dixo o cómico inglés (que tamén aparece en Shaun of the Dead). «Por suposto, son un grande fan«.

A estrea da nova entrega de Star Trek está prevista para o 8 de maio de 2009.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário