O Capitán América regresa de entre os mortos
Dous anos despois de que a Marvel Comics decidira acabar coa vida do «ser humano perfecto», o Capitán América está disposto a regresar e en millor estado ca nunca, segundo todas as fontes consultadas.
«O Capitán América orixinal vai regresar finalmente«, dixo o editor xefe da Marvel Comics, Joe Quesada, á prensa. «Levamos planeando pacientemente este momento dous anos e médio«.
O Capitán América regresará o mes que ven nunha minisérie de cinco números, titulada Captain America Reborn.
O Capitán América fora tiroteado nos chanzos dun tribunal onde se negou a declarar 68 anos despois de que os seus creadores Joe Simon e Jack Kirby nos presentasen a Steve Rogers, un rapaz fraco que fora rexeitado polo Exército americano pero que se somete a unha proba par se converter nun «súper soldado» e asemade pode ir á guerra a loitar contra dos nazis.
Ainda non se sabe ren de como pretenden facer revivir ao Capitán América, pero esta non sería a primeira vez que o popular super heroe rexurde, xa que anteriormente pasara decenas de anos encerrado nun bloco de xelo após da Segunda Guerra Mundial.
A Marvel ten ademais previsto adaptar ao persoaxe ao cinema en The First Avenger: Captain America, con data de estrea para o 22 de xullo de 2011.












0 Comentários
Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.