Inicio » Cinema »

Un trasno de efectos especiais

 

Un goblinO especialista en efectos especiais Charles Gibson fará o seu debut como director dunha longametraxe grazas a un guión para unha comédia de Geoff Rodkey titulado The Goblin.

Matt Berenson será o produtor xunto ao presidente da Wind Dancer Film, Matt Williams, e mais Judd Payne. os produtores executivos serán David McFadzean e Dete Meserve, da Wind Dancer.

A história vai sobre unha família das afóras dunha grande cidade que se muda á súa nova casa e alí atopan a un «goblin», un trasno fervello e rebuldeiro que non lles permite ficar alí.

«O de crear a un goblin é algo que atraerá a espectadores de todas as idades«, dixo un moi optimista Williams.

Gibson foi o gañador do Oscar aos millores efectos especiais por Babe o porquiño valente e por Piratas do Caribe O Cofre do Home Morto. Ademáis, participou nos efectos especiais e dirixiu a segunda unidade en todos os filmes da franquía dos Piratas do Caribe e en Terminator Salvation.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 

Etiquetas

, ,

Novas relacionadas

  • No Related Posts
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário