Inicio » Cinema »

A secuela de 300 xa en marcha

 

300A secuela de 300 xa está a se preparar. Zack Snyder, o director do filme orixinal, ven de confirmar que Frank Miller, o creador da novela gráfica na que se baseou a película, está a traballar nunha história que chegará aos andéis das librarías antes de dar o chimpo á pantalla grande.

«Sei que Frank está a escribi-la agora mesmo«, dixo Snyder nunha entrevista co gallo do lanzamento en Blu-Ray de Watchmen e da sua re-estrea nos cinemas dos Estados Unidos con novas escenas. O director asegurou que  Miller está «moi metido» neste proxecto e que mesmo «vai volver a Grécia a facer outro recoñecemento» para fixar na sua mente as localizacións. «Vai ser mais grande en canto á ambientación e o terreo. Imos ver Atenas, o Exeo e outros lugares«, revelou.

En todo caso, Snyder asegurou que a secuela manterá a eséncia e a estética da primeira película e que na rodaxe utilizarán a mesma tecnoloxía. «Coido que usaremos a mesma tecnoloxía… non quero que pareza a Guerra das Galáxias«, apuntou o director que recoñece que a tecnoloxía usada en 300 «non era revolucionária«, senon que é básicamente «a que utilizan os homes do tempo«.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário