Inicio » Cinema »

Darabont en Fahrenheit 451

 

Frank DarabontNo decurso da 35 gala dos prémios Saturno entregados a semana pasada, o director Frank Darabont (A Brétema, Cadea Perpétua) revelou aos reporteiros que a súa adaptación ao cinema do clásico Fahrenheit 451 é nestes intres unha prioridade para el.

«Foi unha loita dura. En Hollywood non confían no bó material… realmente, tiven unha audición cun xefe dos estudos e dixo ‘Uau, ese é o millor e mais intelixente guión que lin dende que son xefe destes estudos, pero non lle podo dar a miña aprobación’. Eu preguntei por que e el dixo ‘Como podería levar daquela aos meus fillos de 13 anos ao cinema?’«.

E que pasa coa adaptación da novela de Stephen King A longa marcha? «Vaise facer axiña, coido. Pero fareina, estou seguro, e sairá mais barata do que foi A Brétema porque non quero sacar as cousas fóra de presuposto. É un xeito moi sinxelo, raro, case artístico de se achegar a unha história e facer cinema«, dixo Darabont.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário