Inicio » Cinema »

Chucky de novo en acción?

 

Chuky o boneco diabólicoDavid Kirschner, o co-produtor de toda a vida dos filmes de terror do boneco diabólico, revelou que os fans poden agardar a ver outra vez ao seu xoguete asasino favorito, Chucky, de novo en acción nun futuro próximo: non nunha secuela, senón nun remake do filme orixinal de 1988. Chucky viu-se por última vez na película A semente de Chucky.

«Estamos a falalo con Don Mancini, que escribiu todos os filmes connosco, dende o comezo» dixo Kirschner nunha entrevista mentres promocionaba o seu último filme, Martian Child. «O seguinte que imos facer é regresar realmente cara atrás e refacer o primeiro. E imos facelo ainda millor e facer unha versión moi terrorífica do primeiro filme, que coido que xa é moi terrorífico tal coma é«.

Kirschner desvelou que o guión orixinal non se utilizará palabra por palabra pero que se reterá moito del. «Coido que estará moi preto del, iso seguro«, dixo. «Pero hai algunhas outras cousas que estamos a explorar tamén e algúns xiros que non queremos que a audiéncia agarde, coma un par de mortes e como coidas que estás a ir nunha dirección pero estás indo na outra coma resultado de sabelo e ser xa unha franquía moi popular«.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 

Etiquetas

Novas relacionadas

  • No Related Posts
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário