Inicio » Cinema »

Spielberg e mais Matt Helm

 

Matt Helm interpretado por Dean MartinSeica Steven Spielberg será finalmente o produtor dun filme sobre o axente secreto fictício Matt Helm no seu vindeiro proxecto.

Helm é un axente de contraespionaxe do governo americano cuxo traballo principal é asasinar aos axentes inimigos. O persoaxe apareceu en 27 libros ao longo dun periodo de 33 anos que escomezou en 1960 e que convertiu a Helm nun dos axentes mais duros, pragmáticos e competentes da ficción. A séries contaba cun senso de continuidade entre libros, algo raro para a época, e finalmente, nos derradeiros tomos, o axente deixou de estar ambientado como heroe da Segunda Guerra Mundial e pasou a ser un axente sen idade. O novelista Donald Hamilton foi o creador deste persoaxe.

Spielberg, Alex Kurtzman e Roberto Orci serán os produtores. Paul Attanasio entregou un novo guión a semana pasada que seica foi o que convenceu a Spielberg de entrar no proxecto. Nombergantes, é moi dubidoso que el sexa o director, xa que a Paramount Pictures ten ainda os dereitos.

O persoaxe xa foi levado ao cinema anteriormente, da man de Dean Martin en catro comédias, e á televisión, onde foi interpretado por Tony Franciosa nos anos 70.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário