Inicio » Cinema »

Carla Gugino en SuckerPunch

 

Carla GuginoCarla Gugino (Sin City, Watchmen) úne-se ao reparto de SuckerPunch para a Warner Bros. e mais a Legendary Pictures segundo se ven de confirmar.

A história de SuckerPunch céntra-se en Babydoll (Emily Browning), unha rapaza que é confinada nunha institución mental polo seu home de súa nai, quen intenta que a lobotomicen en cinco días.

Mentres ela está alí, imaxina unha realidade alternativa para se agochar da dór, e nese mundo comeza a planear a súa fuga, para o que deberá roubar cinco obxectos que a axuden a saír antes de que sexa violada por un indivíduo malvado.

Gugino interpretará a unha enfermeira no asilo para tolos que se converte en madame dun prostíbulo na realidade alternativa do filme. O proxecto reúne-a unha vez mais co director Zack Snyder, con quen xa traballara previamente en Watchmen.

Vanessa Hudgens, Jamie Chung, Jena Malone e Abbie Cornish coprotagonizarán este filme, cuxa rodaxe está prevista para escomezar este mesmo outono.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário