Inicio » Cinema »

Spielberg resucita Halo

 

HaloSteven Spielberg está a negociar activamente o desenvolvemento do filme que pretende adaptar ao cinema o videoxogo mais famoso da Microsoft: Halo.

Os intentos anteriores por desenvolver este filme fracasaron por mor dos cada vez mais elevados orzamentos, incluindo unha tentativa en 2006 a cargo de Peter Jackson como produtor e Neil Blomkamp (District 9) como director. Nombergantes, o proxecto, unha coprodución da Universal e mais a Fox, fracasou cando as rifas entre Jackson e mais os produtores chegaron a un punto tal que foi imposíbel continuar negociando, xusto antes da Comic Con en San Diego.

Hai uns meses durante a folga de guionistas a finais de 2007 e comezos de 2008, Stuart Beattie (G.I. Joe, Collateral) escribiu un esbozode guión para este filme, baseado na novela de Eric Nyland Halo: The Fall of Reach. A história do libro é unha precuela para o videoxogo Halo orixinal e explica as orixes dos soldados de Esparta e mais do heroe e protagonista do xogo, o «Master Chief 117″, xunto co terríbel primeiro contacto coas hordas de Covenant e mais a caída da base da UNSC en Reach.

O guión pretende ser o comezo dunha triloxía, na que a segunda parte estaría totalmente ambientada no mundo do videoxogo e a terceira sería a continuación dos acontecementos que se viven na terceira parte do xogo. Ademais, a Covenant non aparece até a segunda metade do filme, permitindo con elo que o orzamento non se dispare demasiado.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário