Inicio » Cinema »

O elefante do meigo

 

Kate DiCamilloA Fox adaptará ao cinema o novo libro infantil de fantasía da escritora Kate DiCamillo The Magician’s Elephant, e para elo veñen de contratar a Martin Hynes (The Go-Getter) para que escriba e dirixa a adaptación.

A história de The Magician’s Elephant vai sobre cousas imposíbeis que poden chegar a acontecer e narra a história do orfo Peter Augustus Duchene, quen acude a unha nova tenda de adiviños na praza do mercado da vila de Baltese. El sabe moi ben o que quere preguntar, se aínda está viva a súa irmá, e se é así, como pode atopa-la. A resposta da adiviña é que un elefante o conducirá até ela. E aí escomezará unha cadea de acontecementos incríbeis.

Segundo Hynes o tón que pretende acadar para este filme é algo semellante ao de A Princesa Prometida, algo que tanto nenos coma adultos poidan disfrutar.

Esta non é a primeira vez que DiCamillo ve unha das suas obras adaptadas ao cinema xa que a longametraxe de animación The Tale of Despereaux (2008) e mais o filme Because of Winn Dixie (2005) tamén se realizaron a partir de novelas orixinais de seu.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 

Etiquetas

,

Novas relacionadas

  • No Related Posts
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário