Inicio » Cinema »

Guionistas para Hancock 2

 

Hancock

Os guionistas Adam Fierro e Glen Mazzara son os elixidos para escribir a secuela do filme de superheroes Hancock que protagonizou Will Smith para a Sony Pictures o ano pasado.

Os detalles do argumento ainda están por descubrir, ainda que os guionistas traballarán xunto a Smith e mais o director Peter Berg para construir o mundo que se deixou entrever ao remate da primeira película.

No filme orixinal Smith era un superheroe alcohólico e irresponsábel que decide poñer-se nas mans dun relacións públicas para millorar a súa imaxe. Mais tarde descúbre-se que o heroe é tan só parte dunha liñaxe de seres inmortais que levan no mundo dende hai 3.000 anos e que perden os seus superpoderes cando están na presenza doutros inmortais coma eles.

A parella de escritores xa traballara xunta no telefilme The Shield, que foi un éxito na televisión por cable. Fierro tamén é un habitual das séries 24 e Dexter, mentres que o traballo de Mazzara puido-se ver en episódios de Life e Crash.

Agárda-se que moitos dos produtores do filme orixinal regresen para a secuela.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário