De Fama a Arcana

666

Kevin Tancharoen (á dereita na imaxe)O coreógrafo e director Kevin Tancharoen (o do remake de Fama) será o encargado da realización do filme de ciéncia-ficción Arcana para a Universal Pictures.

Brett Ratner, coñecido por producir a série de televisión Prison Break, será o produtor xunto a Jay Stern a través da Rat Entertainment, e John Cheng será o produtor executivo.

Os detalles do guión de John Ridley (Red Tails) ainda están no segredo, pero fontes da produción indican que é unha película de acción coa fasquía da novela gráfica de Blade Runner e que inclúe artes marciais. O filme utilizará amplamente a técnica das pantallas verdes que puidemos admirar no filme 300 de Zack Snyder.

Harry Shum Jr., un habitual da série da Fox Glee, axudou a desenvolver a ideia orixinal xunto a Tancharoen.