Inicio » Cinema »

Dobkin á fronte de Flash

 

Corre o rumor de que o director David Dobkin (Wedding Crashers) ven de asinar coa Warner Brothers para se encargar dun filme baseado en Flash, o popular persoaxe dos cómics da DC, un proxecto anteriormente vencellado ao guionista de Batman Begins David S. Goyer e a Shawn Levy (Night at the Museum).

O filme de Dobkin estará ambientado no mesmo universo cá vindeira película da Warner sobre a Liga da Xustiza de América, que ten preferéncia na rodaxe. «Está deseñado coma unha secuela da Liga da Xustiza, así que estamos a enaltecer a história e traballamos en tándem co guionista«, desvelou Dobkin á MTV.com. «Coido que teremos que agardar a ver como lle vai ao filme e que tal funciona, pero sen dúbida será un filme que saia despóis do da Liga da Xustiza«.

Dobkin engadiu que o seu Flash será Wally West, o sucesor de Barry Allen nos cómics.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 

Etiquetas

,

Novas relacionadas

O autor

Editor

 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário