Inicio » TV »

A MTV producirá Teen Wolf

 

Teen WolfA canle de televisión MTV ven de lle dar o vistó bó ao episódio piloto da série baseada no filme do ano 1985 que protagonizou Michael J. Fox Teen Wolf (De pelo em pecho foi o título no mercado español).

A MTV afirma que a versión de televisión será moi diferente á película e estará ambientada nun instituto e se adentrará na mitoloxía dos lobishomes, ademáis de introducir a parte romántica como adoita acontecer neste tipo de séries para adolescentes.

Os responsábeis da canle destacan que o seu concepto está mais preto de Un lobishome americano en París que do filme orixinal, que era sobre todo unha comédia, xa que a nova série será un thriller no que os dous protagonistas son dous amigos, ainda que sen esquecer os tintes cómicos na história.

Teen Wolf conta cun guión de Jeff Davis, o de Mentes criminais, e estará producida por Rene Echevarria (Castle) e Marty Adelstein (Prison break).

Teen Wolf súma-se asemade á febre de remakes que está a ter lugar nestes intres nos Estados Unidos na televisión, entre os que cómpre salientar V, protagonizado por Elizabeth Mitchell (Perdidos).


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário