Un novo anxo contra os demos

30 de Abril de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Ayelet ZurerA actriz israelí Ayelet Zurer ven de se facer co papel feminino protagonista para interpretar xunto a Tom Hanks a precuela de O Código da Vinci que vai facer a Columbia Pictures, Anxos e Demos.

Ewan McGregor está en conversas para se unir ao reparto deste thriller, baseado, coma o seu predecesor, nunha novela de Dan Brown. McGregor interpretaría o papel dun poderoso persoaxe dentro do Vaticano que tenta axudar a Robert Langdon, o persoaxe que interpreta Hanks.

Na precuela, Langdon atópa-se de novo mergullado nunha loita contra as forzas do mal que teñen raigames moi antigas: os Illuminati, a máis poderosa organización secreta da história, e de novo contra a igrexa católica. Zurer fará o papel de Vittoria Vetra, unha científica italiana que se axunta a Langdon na súa loita. Ron Howard dirixirá a partir dun guión de Akiva Goldsman.

Tamén falamos de...

Fai clic no botón de abaixo para facer unha doazón. Moitas grazas!

PayPal

Comentários

Comentários pechados.