Inicio » Cinema »

Kelly McGillis cos vampiros

 

Kelly McGillisA vella sex-symbol dos anos 80 Kelly McGillis (Top Gun) ven de se unir ao reparto do filme de carreteira épico de vampiros Stake Land, que se está a filmar nestes intres en New York e Pennsylvania. A película conta cun guión de Jim Mickle e Nick Damici e está dirixida por Jim Mickle (Mulberry Street).

Stake Land ten lugar nun mundo cheo de vampiros e McGillis interpretará a unha monxa que se une a unha pequena equipa de supervivintes (entre os que se atopan Damici, Danielle Harris de Halloween e Halloween II e Conor Paolo de Gossip Girl) que deben facer unha perigosa viaxe cara ao norde na procura dun lugar seguro e atravesando uns Estados unidos destruídos pola guerra contra os monstros. O persoaxe de McGillis, a «Irmá», loita cunha crise de fe durante a sangría vampírica, decidíndo-se finalmente por tomar as armas para combatir xunto á súa nova família.

«Jim e Nick escribiron un guión único e intenso para a Irmá e estamos emocionados de ver a Kelly McGillis no papel«, dixo Greg Newman, presidente da Dark Sky Films. «Este é un proxecto moi cobizoso, cun xenuino toque épico, e non podemos agardar a presenta-lo á audiéncia o ano que ven«.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 

Etiquetas

, ,

Novas relacionadas

 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário