Inicio » Cinema »

Un Rambo de CF?

 

RamboSylvester Stallone ven de revelar algúns dados interesantes sobre a quinta entrega da súa saga persoal de Rambo, Rambo V: A Savage Hunt, que seica será moi diferente dos filmes anteriores.

Ainda que o guión transcurre na costa noroeste dos Estados Unidos, o mesmo cá primeira película, a história desta volta amosará a Rambo liderando un escuadrón de Black Ops (operacións especiais) que debe cazar, capturar ou matar a alguén que fuxiu dun experimento militar. O experimento resulta ser un desequilibrado que fuxiu dun grupo de soldados deseñados nun programa especial que debía converte-los en asasinos instintivos sen moral nin compaixón á hora de asasinar.

A ideia xeral semella mais preto da ciéncia-ficción ca dunha aventura de guerra e nela Rambo é esta vez o encargado de perseguir a unha persoa, xusto o contrário do que acontecía no primeiro filme.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 

Etiquetas

,

Novas relacionadas

 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário