Inicio » Cinema »

Silver: Wonder Woman está morta

 

Joel Silver, que estabaa producir o filme estancado Wonder Woman, relevou aos xornalistas que o proxecto tivo que se adiar por mor da aparición doutro filme de superheroes. «Van facer a Liga da Xustiza e daquela temos que deter a Wonder Woman«, dixo nunha rolda de prensa mentres promocionaba Fred Claus. «Deixémolos que fagan primeiro ese filme de seu«.

A superheroina amazona, prpocedente da série da DC Cómics, é unha dasprincipais integrantes da Liga da Xustiza de América. «E se todo sae xunto, Wonder Woman será parte desa história«, engadiu Silver. «E xa veremos a onde imos despóis. Loitamos por todo isto durante un tempo. Agardo que podamos solucionalo e facela algún día«.

Wonder Woman ía ser escrita e dirixida orixinalmente polo creador de Buffy Cazavampiros, Joss Whedon. Pero ele deixou o proxecto por mor de diferéncias creativas con Silver e os estudos. Dende aquela, o filme non fixo outra cousa que tambalearse polos estudos sen ninguén que o dirixira realmente.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário