Inicio » Cinema »

Eastwood e Damon en Hereafter

 

Matt DamonClint Eastwood e Matt Damon volverán unir as súas forzas para o vindeiro thriller sobrenatural Hereafter da Warner Bros. Pictures.

Eastwood foi o director e Damon protagonizou o drama ambientado en Sudáfrica Invictus que se estrea en decembro, e agora a parella traballará cos mesmos postos neste proxecto fantástico que orixinalmente ía producir a Dreamworks.

O guionista de Frost/Nixon e The Queen, Peter Morgan, é o autor do argumento para o novo filme, que segundo din ten unha fasquía ao xeito de O Sexto Sentido, se ben os detalles do mesmo están gardados en segredo a fin de evitar que se poida coñecer o seu final anticipadamente.

Eastwood, Robert Lorenz e Kathleen Kennedy serán os produtores deste thriller, cuxa rodaxe escomeza en outono.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário