Inicio » Cinema »

Christopher Plummer en Priest

 

Christopher PlummerChristopher Plummer, Brad Dourif e Mädchen Amick veñen de se unir ao reparto do filme da Screen Gems que adaptará o cómic Priest e que dirixe Scott Stewart.

Ambientada nun mundo desolado dende hai séculos polas guerras entre os homes e os vampiros, a história vai sobre un cura guerreiro (Paul Bettany) que se volve contra a súa igrexa para poder perseguir a unha perigosa banda de vampiros que secuestraron á súa sobriña.

Amick interpretará a Shannon, a nai da sobriña secuestrada. Dos outros dous actores aínda non se sabe que papéis farán. Cam Gigandet, Maggie Q, Karl Urban, Stephen Moyer e Lily Collins tamén están xa no reparto.

O filme ten prevista a súa estrea para o vindeiro mes de agosto de 2010.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário