Inicio » Cinema »

Miller e Larter, "Residentes"

 

Ali LarterO guapeiras de Prison Break Wentworth Miller e mais a rapaza de Heroes Ali Larter veñen de se unir ao reparto de Resident Evil: Afterlife, o cuarto filme dentro desta popular franquía de terror.

O membro do reparto Boris Kodjoe, quen confirmou a nova, falou do argumento: «eu interpreto ao líder dos supervivintes en Los Angeles. O persoaxe de Milla Jovovich, Alice, está a percorrer o mundo na procura de supervivintes e é ferida en LA, que leva ardendo tres anos. Chega a unha prisión na cidade que está rodeada polos médio-mortos, cun par de supervivintes atrapados dentro. Aterriza no tellado e alía-se comigo para loitar contra os tipos que a persiguen. Tentaremos sacar ao todos os supervivintes da prisión«.

Miller interpreta a unha das persoas atrapadas dentro dunha cela e que non saben se están ou non contaxiadas polo virus. Finalmente convérte-se nun elemento clave na fuxida. Larter repite o seu papel de Claire Redfield, que xa fixera na anterior entrega da saga Resident Evil: Extinction.

A rodaxe escomezou esta semana en Toronto baixo a dirección de Paul W.S. Anderson, que foi tamén o encargado da primeira película.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário