He-Man non quere morrer

25 de Setembro de 2009 por Editor  
Arquivado como Cinema

He-ManA Sony Pictures está a rematar un acordo coa empresa de xoguetes Mattel para devolver a He-Man e os Masters do Universo á pantalla grande.

O filme, baseado no popular boneco de acción e na súa história de trasfondo (o príncipe que se convirte en He-Man, o loitador contra o malvado Skeletor), contaba até hai pouco co apoio do produtor Joel Silver e cun guión de Justin Marks escrito para a Warner Bros., pero a Mattel, após de que pasasen anos sen se desenvolver o proxecto, logrou que os dereitos cinematográficos lle fosen devoltos, e agora pretende contar coa Sony para face-lo..

Todd Black, Jason Blumenthal e Steve Tisch serían os produtores deste filme que terá un novo comezo.

Tamén falamos de...

Fai clic no botón de abaixo para facer unha doazón. Moitas grazas!

PayPal

Comentários

Comentários pechados.