Harris á precuela dos zombis
Danielle Harris (Urban Legend, Halloween 4, Halloween 5) ven de se unir ao reparto do filme Night of the Living Dead: Origins, que se rodará en 3D e con gráficos xerados por computador.
Zebediah de Soto e David R. Schwartz co-escribiron o guión que seica é unha história sobre as orixes dos zombis creados por George A. Romero, ainda que sen a participación do famoso director. O obxectivo é poñer ao día a história dos persoaxes que aparecían no filme orixinal narrando o transfondo de cada ún deles.
De Soto será o director mentres que Simon West e Jib Polhemus serán os produtores.












0 Comentários
Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.