Inicio » Cinema »

Raimi e o Substituto

 

Sam RaimiA produtora do afamado director de Spiderman, Sam Raimi, a Ghost House Pictures, ven de lanzar un novo selo, o Spooky Pictures, que funcionará de xeito independente para producir thrillers dirixidos a unha audiéncia familiar.

Deste xeito, o primeiro proxecto na ringleira será The Substitute, que suporá o remake dun thriller danés que vai sobre unha clase de alumnos de sexto curso que están aterrorizados tentando convencer aos seus pais de que o seu novo profesor sustituto é un malvado ente alieníxena.

Scott Derrickson (The Day the Earth Stood Still, The Exorcism of Emily Rose) será o director e coguionista xunto a  Paul Harris Boardman. A Sony Pictures, que ten un acordo coa Spooky, será a que cofináncie e distribúa este primeiro proxecto.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário