Inicio » Cinema »

Actores para Let me In

 

Kodi Smit-McPheeOs actores Kodi Smit-McPhee, Chloe Moretz e Richard Jenkins serán os protagonistas de Let Me In, a adaptación de Matt Reeves do filme sueco Låt den rätte komma in para a Hammer Films e mais a Overture Films.

Baseada na novela supervendas do escritor sueco John Ajvide Lindqvist, Let Me In é un conto de vampiros contemporáneo sobre un neno que se fai amigo dunha rapaza recén chegada ao bárrio e que resulta ser unha vampira.

Smit-McPhee (The Road) e Moretz ((500) Days of Summer) interpretarán aos dous protagonistas, que nesta versión non serán tan nenos, senón adolescentes, chamados Owen e Abby, mentres que Jenkins fará o papel do persoaxe adulto principal, coñecido coma Hakan no filme orixinal. Ademáis, a acción xa non transcurrirá nos fríos paisaxes do inverno sueco, senón nos Estados Unidos.

A novela foi adaptada no filme sueco de 2008 Låt den rätte komma in, que acadou un grande éxito en todo o mundo. A fotografía principal escomeza este outono baixo a dirección de Reeves (Cloverfield) en New Mexico.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário