Inicio » Cinema »

Singer noutro X-Men

 

Bryan SingerDurante o recente Festival Internacional de Cinema de Pusan en Corea do Sul, o director Bryan Singer confirmou que está interesado en regresar á franquía de X-Men e que xa discutiu desta posibilidade cos directivos da 20th Century Fox.

O director non quixo entrar en detalles de se o novo filme sería unha cuarta entrega da saga ou unha secuela da mesma, pero si que dixo que Hugh Jackman [Lobeto] e os outros membros do reparto cos que traballou nos anteriores dous filmes que el dirixiu serían unha parte esencial do seu posíbel acordo coa Fox.

Singer dirixiu tanto X-Men coma X2: X-Men United, pero non a terceira parte, para a que non lle puido adicar tempo xa que daquela estaba a preparar o seu filme Superman Returns. Brett Ratner (Rush Hour) dirixiu no seu lugar a terceira parte da saga dos mutantes, mentres que Gavin Hood (Tsotsi) foi quen se encargou da secuela deste ano, Wolverine.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário