Inicio » Cinema »

A secuela de ID4

 

Independence DayNunha rolda de prensa que serviu para presentar aos médios de comunicación o lanzamento do filme 2012 en Colorado, o director Roland Emmerich foi cuestionado sobre por que ainda non fixo unha secuela do seu megaéxito de 1996 Independence Day.

E Emmerich contestou que xa ten planeada unha história, «unha história realmente boa e grande, unha moi guai«. Daquela, a que está a esperar? Pois seica o cheque que recibirá Will Smith é o seu principal motivo de desacougo.

Emmerich dixo que el e mais o produtor Dean Devlin están ainda desexando poder facer a agardada secuela, e que o seu máximo protagonista, o actor Will Smith, tamén quere intervir dalgún xeito que sexa compatíbel coa economía da 20th Century Fox.

A paga de Smith (a quen lle corresponde unha porcentaxe sobre os benefícios que dea o filme) é a causa de que a Fox estea a planear algunha maneira de facer o filme sen contar co carísimo actor, pero Emmerich mantén que a súa participación é esencial para todos, para este filme e tamén para os espectadores.

O resultado inevitábel é que a secuela está aínda no limbo e que os estudos continúan a negociar unha participación á baixa de Smith: «Xa veremos o que acontece«, dixo Emmerich, «Encantaría-me poder face-lo«.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário