Inicio » Cinema »

Proyas adaptará Tripods

 

TripodsStuart Hazeldine (Exam) ven de rematar o guión para o filme que adaptará á pantalla grande a clásica triloxía de libros de ciéncia-ficción do novelista inglés John Christopher The Tripods e todo semella indicar que Alex Proyas (Knowing, Dark City) será o produtor e tamén o director desta longametraxe que se viña anunciando dende 2007.

A história de Os Trípodes vai sobre tres adolescentes que están a fuxir dunha raza de conquistadores extra-terrestres que viaxan en máquinas xigantescas con tres patas e que escravizaron aos seres humanos grazas a uns dispositivos de control mental implantados no cerebro.

Nos anos 80 a canle de televisión BBC adaptou a série, converténdo-a nun clásico de culto para os fans, ainda que após da segunda tempada foi cancelada, impedindo asemade poder levar á pantalla o terceiro e derradeiro tomo da triloxía orixinal.

Hazeldine indicou que o seu guión está baseado no primeiro libro soamente, polo que obviamente todo semella indicar que o plan é que de ser un éxito este filme, farán-se a segunda e terceira partes tamén.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário