O que queren os rapaces
A nova ídolo das adolescentes nos Estados Unidos, a hispana Selena Gomez, famosa polas súas séries para nenos na canle Disney, será a nova protagonista da comédia fantástica What Boys Want da New Line Cinema.
A história vai sobre unha adolescente que pode escoitar o que pensan os homes realmente. Amy Andelson e Emily Meyer crearon o primeiro argumento.
Kevin Misher será o produtor, mentres que a nai de Gomez, Mandy Teefey, será a produtora executiva.












0 Comentários
Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.