Inicio » Fans »

Prohiben unha cea polo copyright de Harry Potter

 
Harry Potter

Harry Potter

A compañía Warner Brothers ven de decidir a total prohibición da celebración dunha cea privada nunha casa do oeste de Londres porque, segundo o seu critério, «vulnera os dereitos de autor» de Harry Potter.

A anfitriona, unha muller coñecida como «Señora Marmite Lover», adoita organizar con abondo frecuencia encontros temáticos na sua casa, até o punto de que recentemente puxo en marcha unha nova experiéncia culinaria chamada «O Restaurante Subterráneo».

O evento, sen ánimo de lucro e rebatizado coma «A noite do meigo», ía ofrecer aos seus ilustres convidados un máxico menú composto por viño de dente de león, soupa de cabaza e o favorito de Dumbledore, farsas de menta. Os convidados serían conducidos polo Calellón Alley, xunto á casa, e recibidos por un retrato da «Muller Gorda», que lles esixiría un contrasinal para poder entrar e disfroitar da cea. Pero o evento tivo que ser cancelado cando a Warner Brothers descobriu que estes maléficos plans da Señora Marmite Lover.

A anfitriona da cea recebiu na súa caixa de correo unha carta emitida polo departamento legal da Warner Brothers na que se lle comunicaba que segundo a súa opinión, a devandita festa privada vulnera os dereitos de autor dos que é propietária a multinacional da comunicación. A carta dicía: «Estimada Señora Marmite Lover. Ainda que estamos encantados con que sexa unha fanática seguidora da saga de Harry Potter, desgrazadamente a sua proposta utiliza os derechos de Harry Potter… sen o noso consentemento estaría vostede infrinxindo os dereitos de autor da Warner«.

Como resposta á misiva, a Señora Marmite contestou: «Comprendo que necesitan protexer os seus dereitos, pero se trata únicamente dunha cea, da que eu non obteño ningún benefício, inspirada nos libros e no seu contido culinário. A miña filla é unha grande fan, chegando mesmo á obsesión«.

Até agora, a traxectória da señora Marmite como anfitriona deste tipo de eventos temáticos é longa e o resto da empresas que se viron implicadas nas súas ceas temáticas sempre estiveron encantadas e mesmo algunhas delas chegaron ofrecer os seus produtos gratuitamente fornecendo con cátering de seu aos convidados.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário