Inicio » TV »

Secuela de 2012 na TV

 

2012O director Roland Emmerich ven de revelar interesantes novidades sobre unha nova série de televisión que está xa en desenvolvemento e que será unha secuela do seu novo filme de grande orzamento, a película épica de acción apocalíptica 2012 que se estreará o venres.

Mark Gordon (2012, Reaper, 10000 BC) será o produtor executivo e xa está en contactos coa canle ABC para que realice e posteriormente emita este drama de desastres.

(Atención: spoilers importantes!) O filme 2012 trata sobre un aliñamento planetário que causa unha intensa reacción solar na Terra, que comeza a ferver por dentro e ocasiona que os continentes comecen a se desfacer, creando volcáns, desprazamento masivo de placas tectónicas e mega-tsunamis que destrúen o planeta tal e coma o coñecemos. Finalmente sobreviven uns poucos a bordo de barcos que se dirixen ao único continente que resistiu, África.

Emmerich dixo que o seu plan para a série de televisión é que a humanidade está xa en 2013 e ten que recomezar a poboar o planeta. «É moi, moi fascinante. A série enfocará-se nun grupo de persoas que sobreviviron pero non nos barcos… se cadra estaban nun anaco de terra que se separou e se converteu nunha illa no proceso de destrución da Terra«.

Gordon engadiu que «hai algunhas persoas que sobreviven e a pregunta é como farán eses supervivintes para construir un novo mundo e como será«.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário