A Torre Escura sen Abrams
Os creadores da série de televisión Perdidos J.J. Abrams e Damon Lindelof veñen de ficar fóra do proxecto longamente agardado da adaptación da saga fantástica de Stephen King A Torre Escura.
Abrams revelou á prensa que todo o asunto da Torre Escura é moi complicado: «É unha obra literária moi importante. A verdade é que Damon e mais eu non estamos a procurar iso agora mesmo. Após de traballar seis anos en Perdidos, a derradeira cousa que queiro é pasar os vindeiros sete anos adaptando ún dos meus libros favoritos de todos os tempos. Son un fan tan grande de Stephen King que estou aterrorizado coa idea de fode-lo todo«, dixo.
Deste xeito, o director de Star Trek dixo que está desexoso de ver como outra persoa interpreta o proxecto: «Farei de todo para ver eses filmes escritos por outra persoa. Coido que se farán porque son incríbeis. Pero non serei eu«.
Lindelof engadiu que a adaptación de Watchmen deu-lle tempo: «Após de ver a Zack Snyder pasar pol oque pasou en Watchmen en termos de dicir de onde pode facer digresións do material, dóe-me a cabeza só de pensar que eu tería que cambia-lo todo«.












0 Comentários
Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.