Inicio » Cinema »

A rodaxe de Thor

 

ThorA rodaxe do filme que adaptará as aventuras do persoaxe da Marvel Comics Thor á pantalla grande xa ten datas para escomezar: será a mediados de xaneiro en Los Angeles.

Chris Hemsworth, Tom Hiddleston, Natalie Portman, Jaimie Alexander, Colm Feore e Samuel L. Jackson protagonizarán esta superprodución que dirixe Kenneth Branagh sobre o poderoso e fachendoso deus guerreiro nórdico (Hemsworth) que é obrigado a vivir na Terra entre os seres humáns por ser os responsábel de case escomezar unha guerra entre os deuses.

Unha vez entre nós, Thor deberá aprender a saber o que é ser un auténtico heroe cando o seus mais poderoso inimigo no mundo dos deuses, o seu malvado irmán Loki, envíe ás forzas escuras do reino de Asgard para invadir a Terra.

Por outra banda, algunhas fontes indicaron que Stuart Townsend (A Raíña dos Condeados), Ray Stevenson (Roma, Punisher: War Zone) e Tadanobu Asano (Mongol, Ichi the Killer) veñen de unir as súas forzas ao xa amplo repartodesta produción da Marvel Studios. O trío interpretará aos Tres Guerreiros, uns aventureiros asgardiáns que loitan a prol do deus Thor.

A rodaxe ficará en Califórnia durante várias semanas antes de se mudar a Sante Fe, en New Mexico, dende marzo até finais de abril.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário