Inicio » Cinema »

Alien Legion no cinema

 

Alien LegionSeica o produtor Jerry Bruckheimer (Transformers, Piratas do Caribe) e mais a Disney levan algún tempo tentando converter en longametraxe con acción real o cómic Alien Legion. Parte da prensa americana se fixo eco dun suposto guión para o filme que estaría nas mans dos escritores Derek Haas e Michael Brandt, a parella que xa fixo Wanted e 3:10 to Yuma.

Lanzado orixinalmente en 1984 como proxecto persoal polo creador Carl Potts, Alien Legion leva desenvolvendo após de si unha chea de seguidores que o converteron nun cómic de culto ao longo destes anos.

A série redefiniu o xénero de ciéncia-ficción militar, narrando históriasd de guerra e exploración espacial a través dos ollos dunha lexión estranxeira composta por alieníxenas que loitan a prol da Terra. A súa popularidade está probada polo feito de que é a série mais antiga do selo Epic Comics, creado nos anos 80 pola Marvel para acoller proxectos menores.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário